14 de maio de 2024
Radio BBS: Mulleres na música galega
8 de abril de 2024
Donas de si: Luísa Villata
O venres recibimos a visita de Quique e Tania, membros de Polo Correo do vento, que están realizando actividades nos coles que formamos parte do proxecto Donas de si. Viñeron falarnos sobre Luísa Villalta, a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Quique contou a súa historia e Tania debuxouna e aprendeunos como facer un retrato. Foi moi interesante e un bo primeiro achegamento a Luísa Villalta para o alumnado de 4º, 5º e 6º.
28 de xaneiro de 2024
Escritoras
Na aula de 5º, aproveitando os recursos do proxecto Edixgal, estiveron investigando e preparando presentacións sobre algunhas das escritoras que presentamos na biblioteca o Día das Escritoras 2023.
Aquí tedes acceso á cartafol virtual coas súas presentacións, sobre algunhas das escritoras máis destacadas da literatura infantil e xuvenil.
20 de outubro de 2023
Expo completada
Buscando entre libros
1º e 2º tamén visitaron a exposición do Día das Escritoras. Tiveron que buscar as portadas dos libros que se correspondían cos anacos que lles entregamos. E fixérono moi ben! De paso xa foron escollendo lecturas para a semana que vén. 😉
17 de outubro de 2023
Na exposición das escritoras
Hoxe 4º e 5º visitaron a exposición das escritoras e resolveron enigmas buscando información nas portadas dos libros. Ademais de superar o reto e descubrir información sobre as escritoras e as súas obras, xa foron escollendo títulos que lles teñen boa pinta para ir levando en préstamo a partir da semana que vén.
16 de outubro de 2023
Día das Escritoras
Na BBS celebraremos o Día das Escritoras ao longo da semana, con actividades para cada curso ao redor da exposición que temos na entrada do centro e que iremos completando entre tod@s a medida que a vaiamos visitando.







































