Amosando publicacións coa etiqueta Na BBS tod@s contamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Na BBS tod@s contamos. Amosar todas as publicacións

4 de abril de 2024

Superheroes da escola

Comezamos os contacontos de abril con superheroes e superheroínas,  que nos presentaron Daniela, Sabela e Leire. Superheroes da escola de José carlos Román é un divertido manual para descubrir os superpoderes que todos temos e como usalos para que o paso pola escola sexa un éxito. Lectura imprescindible, buscádea nos andeis da BBS





Bravo, superheroínas contadoras!


17 de marzo de 2024

Bo camiño, Valentiño!

Esta semana cambiamos o contacontos do recreo para o venres, porque o mércores estabamos todos de excursión en Rianxo ou na Coruña. 

Anta, Aitana e Sofía foron as contadoras. Escolleron Bo camiño, Valentiño! un divertido conto rimado, escrito por Gracia Iglesias, que fala do Camiño de Santiago. 

Tambien cambiamos a ubicación dos contacontos, despois de facer uns cantos cambios no mobibliario e disposición do espazo na BBS. Gustounos o cambio.

Fixérono de marabilla! 
Grazas contadoras, gustounos moito escoitarvos!





Bravo, contadoras!

6 de marzo de 2024

Me acuerdo de ti

Hoxe tivemos contacontos no recreo con Xohana, Xiana, Alba, Camila e Manuel. Contáronos Me acuerdo de ti de Sergio Badino, unha historia moi fermosa, que fala da relación entre os nenos e os avós ou avoas. Gustounos moito! 😍





Xenial, contadoras e contador!!

3 de marzo de 2024

Macario, dromedario

 Vera, Carlota e Elsa foron as nosas contadoras desta semana. Escolleron Macario, dromedario de Rachel Chaundler e fixeron unha lectura dramatizada, que nos encantou. 

Se queredes saber que pasa cando os dromedarios choran e non puidestes vir ao contacontos o mércores,  buscade a Macario na BBS, paga a pena!

Grazas, contadoras!






















Bravo!

18 de xaneiro de 2024

Os Bolechas teñen medo

Daniela, Minia, Breixo, Vera, Candela, Carlota, Elsa e Leire foron as contadoras/es esta semana, mellor dito as actrices e o actor, porque o que fixeron foi representar unha das historias dos Bolechas, Os Bolechas teñen medo, de Pepe Carreiro. 

Prepararon os textos, a ambientación, os decorados, a vestimenta, o cartel... E esta semana fixeron que tod@s o pasaramos de medo, coa súa interpretación dunha das historias dos Bolechas que máis éxito tivo sempre. Porque os contos de medo, molan 😄 





Bravo!

20 de decembro de 2023

Misterio no Nadal

Despedimos os contacontos deste trimestre cunha obra de teatro, Misterio no Nadal, escrita e interpretada polo alumnado de Proxecto Competencial de 5º. Faltou Leo, que estaba enfermo, e foi mágoa, porque todo o grupo traballo moito ao longo das últimas semanas, escribindo a obra de teatro, ensaiando, pensando nos decorados... Moi bo traballo!

Xa estaban nerviosas/os anunciando na entrada, pero non tiñan porque, traballaran moito e estaba todo controlado 😜 A obra saíu moi ben, conseguiron resolver o "misterio no Nadal" e que o pasaramos xenial. 






Bravo!

16 de decembro de 2023

A mellor sopa do mundo


Esta semana puidemos probar na biblio A mellor sopa do mundo. Carlota, Daniela,  Leo, Leire, Manuel e Xoana escolleron esta historia de Susanna Iser e Mar Ferrero para deleitarnos no recreo. E ata nos deron unha potiña de sopa a cada quen. Grazas, contadores/as!






Mmmm! A mellor sopa do mundo!

Fantástico, contadores e contadoras!

  

8 de decembro de 2023

Primeira semana na escola de vacas

Esta semana foi moi curtiña, pero tivemos conto o martes no recreo. Sofía, Elsa, Izan e Ibai contáronos Primeira semana na escola de vacas de Andy Cutbill e Russel Ayto. Como nos gustan as aventuras de Daisy e Marjorie, esas vacas que teñen unha relación especial coas pitas da granxa! E que ben nola contaron estes experimentados contadores e contadoras de 4º e 5º. 




Moi ben, contadores e contadoras!

25 de novembro de 2023

Bebé bigotes

Antía Tarrío, Antía García, Alexandra, Valeria e Adam foron os contadores desta semana. Contáronnos Bebé Bigotes, unha divertidísima historia sobre unha parella que quería ter un bebé. Tiñan moitas ganas de participar nos contacontos do recreo e notouse, fixérono moi, moi ben. Hai canteira de contadores e contadoras! 😍





Xenial!