8 de maio de 2021

Con Carlos Ces

Este venres o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de participar nunha charla e un  obradoiro con Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo. En 5º falaron sobre ciberseguridade e en 6º aprenderon a crear videoxogos que poderán utilizar en tablets, ordenadores e smart phones. Foi unha mañá ben interesante e moi produtiva, seguro que de aquí saírán moitos vídeoxogos "feitos na casa" 😉

Grazas, Carlos, por compartir o teu tempo e o teu saber con nós!


No blog de Sexto tedes máis información sobre o obradoiro de videoxogos. 

2 comentarios:

  1. Un pracer. Foi moi divertido e notei moito interese por parte do alumnado. Grazas a vós!

    ResponderEliminar
  2. Nerea Potter 6º5/31/2021 1:25 p.m.

    A min gustoume facer videoxogos!! foi moi divertido!!

    ResponderEliminar