Xa foi "presentado en sociedade" agora só queda lelo, tocalo, cantalo, compartilo... mantelo vivo.
O venres pasado realizamos o acto de presentación pública deste segundo volume do Cancioneiro Escolar Urxente de Rianxo, un material fundamental para manter viva a nosa tradición musical e a relación da escola coa comunidade na que se asenta.
Participaron na presentación José Luis Do Pico, coordinador do Cancioneiro, Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, representando ao Concello, que levou a cabo a publicación do Cancioneiro e Alma Caamaño, a directora do CEP Brea Segade, que, xunto con José Luis, interpretou algúns dos temas recollidos neste volume.
Grazas a todas as persoas que fixeron posible este cancioneiro.
Grazas a todos/as os que vos achegastes á presentación e moi especialmente aos familiares dalgúns dos informantes que puideron achegarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario