Onte despedimos á nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra. O tema desta edición é o humor e nós decidimos traballar sobre Castelao e a súa obra como caricaturista, ilustrador e humorista gráfico. Como este curso o noso proxecto vai sobre o mar, escollemos viñetas nas que Castelao falara do mar. Non foi difícil atopalas, o galego máis universal é rianxeiro e como tal, sempre tivo presente ao mar. A nosa maqueta está feita de mar, dornas, humor e sete temas sobre os que investigamos: peixes, embarcacións e aparellos de pesca, paisaxe de costa, receitas con produtos do mar, aves mariñas, refráns mariñeiros e a propia figura de Castelao. Un ano máis un anaquiño de nós, de Taragoña e de Rianxo estará no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Xa temos ganas de que comece o Salón!
Moi bo traballo, tripulación do Brea Segade! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario