Comezamos as sesións de formación de usuarios/as con cada clase, para retomar a actividade das titorías na biblioteca e, de paso, lanzar o tema do Proxecto Documental Integrado deste Curso: De viaxe!
Sempre escollemos un conto para abrir o novo curso na BBS e ir ambientando o tema de traballo proposto. Desta volta temos un conto que nos fala de viaxes e que constitúe unha homenaxe a Castelao e aos galegos e galegas que viviron e viven fóra de Galicia, sen perder as orixes e integrando novas culturas e aprendizaxes.
Periplo atlántico de Enrique Mauricio e Carlos Taboada, é "Unha versión moi libre de "O negriño Panchito" de Castelao" e está a ser o punto de partida da viaxe que a BBS nos convida a emprender este curso. Partimos!! 🌍
Ningún comentario:
Publicar un comentario