23 de febreiro de 2022

Radio na biblio: obradoiro de radio

Hoxe o alumnado de 5º participou nun obradoiro de radio como parte das actividades de formación do proxecto Radio na Biblio, do que forma parte a BBS. Estivo con nós Sergio Pascual, de Laboratorio de Radio, que xa estivera no cole na nosa primeira formación, cando entramos a formar parte deste proxecto. 
Foron tres horas moi ben aproveitadas, nas que Sergio empezou sentando as bases do traballo en radio, a escoita, e, por medio de diferentes dinámicas, levounos a identificar os principais ingredientes do traballo na radio: a voz, a música, o silencio e os efectos de son.
Despois chegou o momento de crear as historias que contar por medio da radio. Sergio propuxo traballar en grupos e explicou como elaborar un guión, repartir tarefas, introducir efectos de son... E para rematar, gravamos as historias.
Grazas, Sergio, por todo o que hoxe compartiches con nós. Quedamos cun bo feixe de ideas e recursos e sobre todo con moitas ganas de continuar traballando, gozando e sacando proveito da nosa radio escolar. Grazas!

1 comentario:

  1. Grazas a vós por volver a abrirnos as portas do voso cole. Un auténtico pracer e seguimos á escoita :)!

    ResponderEliminar