13 de outubro de 2023

Queda sitio na vasoira?

Hoxe comezaron os contacontos do recreo do curso 2023-2024 e fixérono cunha contadora moi especial, unha bruxa, chamada Noelia, que entre outras cousas é antiga alumna do cole e contadora habitual da BBS nos seus tempos de escola. 

Para abrir a tempada e xa que estamos en outubro, mes do Samaín, Noelia escolleu un conto cunha bruxa como protagonista, Queda sitio na vasoira? de Julia Donaldson e Axel Scheffler. Moi boa escolla! 

Veu con vasoira, sombreiro e moita maña contando contos, tanta que se gañou ao público do Brea, que é un público esixente e experto, todo hai que dicilo. 

Grazas, Noelia, encantounos o conto e encantounos terte con nós na BBS de novo! 😍





Ningún comentario:

Publicar un comentario