O venres celebramos o Samaín no colexio, despois dun par de semanas de traballo nas aulas e nas casas: tallado de cabazas, decoración do colexio, investigación e presentacións sobre personaxes terroríficos, lecturas de medo... Entre outras actividades para a mañá do venres, o Equipo de Actividades Extraescolares organizou uns obradoiros de cociña de Samaín con froita, friame, galletas e pan de molde. Así de vistosos e apetecibles foron os resultados:
Ningún comentario:
Publicar un comentario