A nosa biblioteca foi unha das dez seleccionadas dentro da iniciativa Voluntariado de lectura A, que promove o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria. Esta iniciativa forma parte do programa Biblioteca Escolares Solidarias promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social. Recoñécese o traballo dos Axudantes da BBS neste ano tan complicado para realizar traballo colaborativo nas bibliotecas escolares. O premio consiste na participación nun obradoiro de formación, que levaremos a cabo antes de que remate este curso.
Parabéns, axudantes da Biblioteca Brea Segade!
A min encantoume ser axudante de biblioteca, aínda que en 5º non o puiden disfrutar tanto ,U
ResponderEliminar