- É moi alto!
- Ten moito pelo!
Antonio García Teijeiro entrou na BBS e durante hora e media engaiolounos a tod@s. Escoitounos recitar e cantar, falounos de como empezara a escribir, da poesía e os nen@s, sacou ao rato Honorato, recitou, fíxonos rir... Transmitiunos o seu amor pola poesía e pola infancia. Encantounos!
![]() |
Honorato |
![]() |
Atentísim@s! |
![]() |
Poemando o mar |
![]() |
Levou a poesía de Xosé Mª Brea Segade como agasallo |
Foi un encontro máxico, cun dos grandes escritores de literatura infantil e un home moi próximo, que se fai querer. Aprendemos a amar a poesía un pouquiño máis.
Grazas, Antonio, por compartir o teu tempo e o teu amor pola poesía con nós!
Grazas, LIX Rianxo, por esta mañá tan fermosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario