As ANPAS abaixo asinantes e ante o gravísimo incendio que asolou preto de 1000 ha. nos concellos de Rianxo e Dodro, convocamos ás comunidades educativas dos nosos centros a acudir aos respectivos colexios o venres día 29 ás 12 da mañá para facer un paro de 5 minutos. A esta hora reunirémonos no patio de cada centro escolar e gardaremos un minuto de silencio.
Os motivos desta convocatoria son:
- Visibilizar a desolación da comunidade educativa ante fenómenos como o que acaban de acontecer e que poñen en perigo a nosa paisaxe, o noso territorio, a nosa fauna e cada vez máis, as nosas vivendas e ata as nosas vidas.
- Reclamar ás autoridades competentes un bosque autóctono e sostible, onde o eucalipto sexa unha excepción e non o principal monocultivo.
- Agradecer a todas as persoas, profesionais e voluntarios, que participaron no operativo de extinción. Sen o seu esforzo e traballo incansable as consecuencias serían moito peores.
- Pedir a toda a comunidade educativa –concello, profesorado, anpas...– que non baixemos a garda e continuemos formando ao noso alumnado no ecoloxismo e na defensa do noso ecosistema, porque a educación medioambiental é tan importante como calquera outra materia.
Todos contra o lume.
Anpas convocantes:
A.N.P.A do C.E.P. Xosé María Brea Segade, Taragoña.
Anpa do I.E.S Félix Muriel
A.N.P.A. do C.E.I.P. A. D. R. Castelao
A.N.P.A. do C.R.A. de Rianxo.
Nota interna: Pedimos ás familias que acudan ás concentracións que unha vez remate a lectura deste comunicado, abandonen o centro para que se poida continuar con normalidade a actividade académica.
Facebook da Anpa Brea Segade
Orgullos@s das nosas ANPAS. Grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario