Mañá imos de camiñata polas terras do Araño! Este é o triptico co que preparamos a visita nas aulas.
27 de setembro de 2018
23 de setembro de 2018
Mozambique
Este venres tivemos unha visita na nosa biblioteca: Uxía Cespón, educadora social do Concello de Rianxo e Elsa Dimande, tecnica de educación de Mozambique. Uxía xa estivera con nós o curso pasado para falarnos da súa experiencia de Vacacións con Traballo en Mozambique dentro dun programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Elsa veu a Galicia por primeira vez este ano para coñecer a realidade do traballo nos concellos e de paso compartir a súa experiencia en Mozambique. Tivemos a sorte de que Uxía nos ofertara un encontro con ela, e non o dubidamos. Foi moi interesante escoitar de primeira man como é a realidade dos nenos e nenas nun país africano e poder interesarnos e preguntar polos seus xogos, as súas escolas, a alimentación...
Grazas Elsa e Uxía por compartir o voso tempo con nós!
12 de setembro de 2018
Pirámide dos alimentos
Seguimos apañando pistas de por onde irá o PDI (Proxecto Documental Integrado) deste curso. Despois da Hora de Ler toda a escola colaborou para completar unha pirámide alimentaria xigante na entrada do centro. Alimentación? Saúde? 😉
Hora de Ler
No primeiro día de curso cada titoría recibiu recado da BBS para achegarse a buscar algo...
Cada clase marchou cos primeiros fondos para as bibliotecas de aula, unha escolma feita pola BBS para comezar desde o 1º día coa Hora de Ler. Ao longo do curso iremos cambiando os fondos das bibliotecas de aula, sendo xa o alumnado e @s titor@s quen escolla.
![]() |
Caixas de libros para a Hora de Ler! |
Cada clase marchou cos primeiros fondos para as bibliotecas de aula, unha escolma feita pola BBS para comezar desde o 1º día coa Hora de Ler. Ao longo do curso iremos cambiando os fondos das bibliotecas de aula, sendo xa o alumnado e @s titor@s quen escolla.
Bo curso e boas lecturas para tod@s!
De volta!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)