Así de potente vén o terceiro grupo do obradoiro de Stop Motion! Mirade as súas primeiras creacións.
Stop Motion 3 from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.
29 de novembro de 2018
27 de novembro de 2018
Bebé bigotes
Hoxe no recreo Marta, Uxía López, Uxía Lojo e Uxía Lorenzo contáronnos
Bebé bigotes de Patacrúa e Alessandra Cimatoribus.
Unha vella moi vella e un vello moi vello desexaban con todas as súas
forzas ter un bebé, pero non tiñan nin idea de como facelo. Despois de
moitos intentos chegaron a unha conclusión: facer un
fillo non é tan sinxelo. Un día a velliña tivo unha idea…
Bebé bigotes é unha historia chea de humor e tenrura, cunhas ilustracións moi coloridas e chamativas. Boa escolla, contadoras!
![]() |
Moi ben, contadoras! |
26 de novembro de 2018
Vexetais en movemento
O noso Obradoiro de Stop Motion comparte unha nova entrega das súas creacións vexetais. Desta vez temos as primeiras experiencias do segundo grupo con esta técnica de animación. Champiñóns, brócolis, orellóns, figos, abelás, pementos... en acción! Bo traballo!
25 de novembro de 2018
25 de novembro: Non as violencias machistas
![]() |
ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA |
O venres tivemos na escola o acto central da campaña Rianxo en Negro. Non puidemos xuntarnos cos nen@s e profesorado dos outros centros de ensino porque chovía, pero en cada escola xuntámonos para mostrar o noso compromiso e a nosa tolerancia cero coa violencia machista.
As vosas voces, as vosas mans en alto e os vosos sorrisos emociónannos e fálannos dun futuro mellor.
NON ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS!
3ª quenda de obradoiros
Comezamos unha nova quenda de obradoiros, xa vai a terceira! Seguimos moi content@s coa experiencia, aprendendo moito, profes e nen@s. 😃
23 de novembro de 2018
Novo grupo de axudantas
Esta semana tivemos un novo grupo de axudantas colaborando c@s profes do equipo de biblioteca nos recreos. Sortearon as Mochilas Viaxeiras, colocaron libros nos andeis, selaron novidades, controlaron o uso dos ordenadores... Que sorte temos coas nosas axudantas e axudantes!
A sopa queima

![]() |
Anunciando o conto na entrada |
![]() |
Bravo!!! |
Mochilas en novembro
As Mochilas volveron saír en días de chuvia e vento; tempo de estar pola casa á quenturiña e aproveitar para ler, ver pelis, cociñar, escoitar música... Que gocedes moito con elas! 😃
Libriño no Araño
Libriño segue de paseo polo concello. Desta volta foi ata ao Araño, de par da graneira máis longa do mundo! Estas dúas semanas choveu case a diario, así que ir sacar a foto foi complicado para a maioría de vós, pero en todos os Cadernos de Viaxe destes coa resposta correcta. Moi ben!!
E tamén mandastes fotos da mochila nas vosas casas ou da visita de Libriño a Brea Segade. Xenial! Moitas grazas!
![]() |
Moi ben! |
![]() |
Héctor con Brea Segade |
![]() |
Diego coa Mochila Viaxeira |
21 de novembro de 2018
Rianxo en negro
O noso obradoiro de Stop Motion quixo sumarse á campaña Rianxo en negro e o venres pasado elaborou unhas breves montaxes para afirmar que o noso cole é un espazo libre de violencias machistas. As ideas, as montaxes, o traballo en equipo e as ganas de participar son dos nenos e nenas do Brea Segade. Orgullo! Grazas!
Rianxo en negro from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.
18 de novembro de 2018
Renovámonos!
Xa vos dixemos que as Xornadas de Bibliotecas ás que asistimos a finde pasada ían notarse na BBS, que viñamos con forzas renovadas, a cabeza chea de ideas e proxectos...
O luns, sen deixar pasar un día, xa empezamos a poñer "patas para arriba" a biblio 🙆 Renovarse ou morrer! Queriamos un novo aspecto para a nosa biblio, acorde cos novos servizos e proxectos que temos en marcha e en mente... 😀 Cremos que o conseguimos. Martes a BBS parecía outra! 😍 A nós gustanos moito como quedou, e a vós?
Axudantas BBS
17 de novembro de 2018
Stop Motion 2
Pementos, brócolis, champiñóns, noces, abelás, castañas... cobraron vida na segunda quenda do obradoiro de Stop Motion. De novo vimos a creatividade e imaxinación dos nenos e nenas do Brea Segade en acción!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)