Este curso cada día da semana unha clase vén á biblioteca no recreo. Mantemos os grupos estables e garantimos que tod@s podemos gozar da BBS con seguridade.
![]() |
Luns: 4º |
![]() |
Martes: 5º |
![]() | |||||
Mércores: 6º |
![]() |
Xoves 3º |
![]() |
Venres: 1º |
Os nenos e nenas de 1º estiveron na BBS o primeiro día deste curso. Non se nos ocorre un mellor xeito de abrir as nosas portas 😍.
Que ganas tiñamos de volver abrir as portas da BBS!
Este curso todo é diferente, pero na biblio, como no cole e no noso día a día, adaptámonos á nova situación e elaboramos un protocolo que nos permita seguir usando a BBS e os seus recursos con seguridade.
A ilusión, as ganas de compartir con vós un espazo de creación, de aprendizaxe e de difusión cultural non varían, continúan intactas.
Aquí tedes un resumo en imaxes do noso protocolo de uso da BBS para este curso.
Vémonos na biblio! 😀
Aquí tedes o protocolo completo.