27 de novembro de 2022
Novembro: mes da ciencia en galego
25 de novembro de 2022
25 N
Hoxe conmemoramos no colexio o Día contra a Violencia de Xénero. Despois de dúas semanas de traballo nas titorías e na Aula de Música, coordinados polo Equipo de Tics, hoxe xuntámonos na biblioteca para ver o vídeo que recolle o traballo realizado: a Canción sen medo interpretada pola nenas do colexio e as imaxes dos carteis cos que poñemos de manifesto o noso NON! á violencia machista.
Parabéns a todos e a todas!
Que conmemoración tan emocionante compartimos!
24 de novembro de 2022
Mochilas Viaxeiras: 4º Viaxe
Hoxe saíron de novo ás Mochilas Viaxeiras; nin a chuvia as para! Tedes nas casas un bo feixe de libros, música e unha peli para estes días grises e húmidos. Gozade delas á quenturiña!
A miña profe é un monstro
Non sabemos se foi pola sona das contadoras, pola identificación co título ou porque segue a chover sen parar, pero a biblioteca estaba chea de público que quería escoitar a divertida historia da relación entre un alumno e a súa profe. Dá gusto volver a ver a biblioteca chea, de historias e de nenos e nenas.
Grazas, Carla, Irene e Carla! Fixestelo xenial e escollestes un conto ben divertido, que, aínda que poida parecer o contrario, gústalle moito aos nenos, ás nenas e ás mestras 😉
Detrás das Mochilas Viaxeiras
Detrás das Mochilas Viaxeiras hai moito traballo, do equipo da biblio e dos axudantes da BBS. Cada dúas semanas vemos esta actividade frenética 😉 dos nosos axudantes. Que son 10 mochilas viaxando! 10 mochilas para revisar e sortear! 👏👏
Escritores e escritoras
Viaxes e viaxeiros
20 de novembro de 2022
Frauta de auga
Grazas, Segundo, por explicarnos tan ben como facer unha frauta de auga, que, xa escoitamos, soa de marabilla. Teremos que probar a facela.
Parabéns polo traballo e polo vídeo, Segundo! 😍
Club dos cogomelos
13 de novembro de 2022
Visitas Máis ca leña
12 de novembro de 2022
Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022-2023
Hoxe celébrase en Santiago a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia, un encontro para falar sobre lectura e escritura, sobre o papel das bibliotecas na alfabetización en todo tipo de linguaxes, sobre proxectos, sobre cooperación, sobre creación... sobre as aprendizaxes que agroman nas bibliotecas escolares. Alí estaremos!
11 de novembro de 2022
5º equipo de axudantes
Xa están en funcionamento todos os equipos de axudantes deste curso. Que sorte temos! Con que ganas comezaron todos e como se están a implicar! Esta semana revisaron, sortearon e repartiron Mochilas Viaxeiras, fixeron un directo da Radio BBS, colocaron libros nos andeis, axudaron aos pequenos/as... Bravo, axudantes!
10 de novembro de 2022
Mochilas Viaxeiras: 3ª viaxe
Saíron de novo as Mochilas Viaxeiras! Lecturas, música e pelis escollidas para que as desfrutedes en familia.
9 de novembro de 2022
Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa
Mércores, día de contacontos na BBS! Pouco a pouco imos volvendo ás rutinas que tanto nos gustaban.
Hoxe Minia e Candela trouxéronnos unha historia de piratas, de amistade, de igualdade e de respecto: Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa de Susanna Isern e Gómez.
Gústanos moito esta Daniela Pirata, que está entre as novidades da BBS.
Estupendas contadoras estas rapazas de Quinto; como botabamos en falta os contacontos! 😍
![]() |
Bravo, contadoras! |