30 de abril de 2023
De viaxe: Pablo Picasso
29 de abril de 2023
Mochilas Viaxeiras 12
Recta final das Mochilas Viaxeiras, xa só van saír para rematar o seu percorrido en Sexto, nos outros cursos remataron viaxe.
28 de abril de 2023
Radio na biblio
Este xoves as aulas de 4º e 5º participaron en dous obradoiros de radio co xornalista e locutor de Radio Voz Pablo Portabales. Estes obradoiros enmárcanse nas actividades do proxecto Radio na Biblio, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, do que a BBS forma parte desde xa hai uns anos. É unha inmensa sorte poder aprender e experimentar con profesionais como Pablo, que achegan a escola a súa experiencia no día a día do traballo na radio e axudan a fortalecer e potenciar o proxecto da Radio BBS.
Grazas, Pablo, por compartir o teu tempo e a túa experiencia con nós.
Lectura e familias: Airiños
O mércores gozamos dunha nova tarde de contos coa compañía de teatro Airiños. Desta volta tivemos bruxas, ogros, catarros pillabáns, burros, corvos, unha vella moi lista, un vello lacazán... e ata unha orquestra improvisada, que o fixo de marabilla. Unha vez máis, conseguiron que entraramos da súa man nos contos e que o pasaramos en grande. Como nos gusta ter a Airiños na nosa biblio! 😍
Grazas Merchi, Fran, Pablo, Morán e Amantia!
Grazas, Airiños!
23 de abril de 2023
Dar de ler
22 de abril de 2023
21 de abril de 2023
Escornapiratas
Segunda sesión de robótica con Almu e Elena de Competencia Dixital. Cos escornabots construídos e funcionando, tocaba poñelos en acción. E iso fixemos, convertelos en embarcacións piratas e poñernos a resolver retos. Os escornapiratas son piratas con conciencia medioambiental, que se encargan de limpar os mares e océanos de plásticos. Para iso, cada equipo recibiu un taboleiro, pezas para transformalo en diferentes escenarios, retos e un pasaporte pirata. Diversión garantida! Que ben o pasamos! E descubrimos que no Brea temos piratas expert@s capaces de superar calquera reto escornabótico 😎
Pensar, razonar, xustificar, orientarse, traballar en equipo, divertirse... con escornabots.
Grazas, Almu e Elena!
Sempre conseguides sorprendernos e deixarnos con ganas de máis. 😍
![]() |
Parabéns, escornapiratas! |
16 de abril de 2023
Contatrás II-I
A aula de 6º elaborou un vídeo con algúns dos poemas do libro Contaatrás II-I de Paula Carballeira, que forma parte do itinerario lector de Sexto e que leron ao longo do mes de marzo, Mes da Poesía. Escolleron os seus poemas favoritos, recitáronos e ilustráronos. Aquí tedes o resultado. Bravo, 6º!
15 de abril de 2023
Mochilas viaxeiras 11
Xa van faltando poucas casas por visitar; desta volta as Mochilas Viaxeiras saíron só para 1º, 2º, 3º e 6º. Coma sempre cheas de boas lecturas, música e películas para compartir en familia.
12 de abril de 2023
Construíndo escornabots
Almu e Elena, de Competencia Dixital, conseguiron hoxe que perderamos o medo a fedellar con parafusos, placas, rodas, motores... e construiramos escornabots, colaborando grandes e pequenos/as. Cada familia recibiu un kit de pezas e unhas indicacións, que, seguindo paso a paso, deron como resultado sete escornabots que funcionan perfectamente e xa superaron os seus primeiros circuítos. Hoxe na BBS: concentración absoluta, traballo en equipo e alegría ao ver como se movían as nosas creacións. Pasounos a tarde voando e o bo é que para a semana, máis!
Grazas, Almu e Elena!

10 de abril de 2023
Lectura e familias: robótica e pensamento computacional
2 de abril de 2023
Día da Poesía
Parabéns 3º! Sodes uns cracks da radio!