
Boas lecturas!
Bo verán!
Chegaron os diplomas da Xunta de Galicia, que recoñecen o traballo como voluntariado dos nosos axudantes. Parabéns, axudantes!
Este luns tivemos o último contacontos deste curso e foi unha boa sorpresa. Estivo con nós Nereida, antiga alumna do Brea Segade, que rematou este curso 1º de Bacharelato. Ela xa fora contadora moitas veces mentres estivo no colexio e aceptou o noso convite de achegarse a compartir un conto con nós. Escolleu Non quero ser un polbo e puidemos comprobar que segue a ser unha contadora fantástica.
Grazas, Nereida! Volve sempre que queiras!
A aula de 3º expuxo na entrada da BBS e da escola o resultado da súa última parada na viaxe pola arte que estiveron facendo este curso. Desta vez coñeceron a vida e a obra de Jean Michel Basquiat. Mirade que exposición tan incrible prepararon. Bravo, Terceiro!
Compartimos a páxina web Sondamar desde a que podedes ter acceso á revista Nossomos, a audios que a acompañan á revista e audios da Banda da Escola de Música de Rianxo. Tomádevos un tempo e visitade a páxina, vaivos sorprender, seguro.
"Sondamar (Páxina Web, Youtube e Instagram), Nossomos (Revista) e Edaterra (Blogue) son parte dun mesmo proxecto no que traballamos diferentes persoas ás que nos une a paixón pola música, a concepción de que esta, a música, non é algo illado e alleo ao contexto socio-histórico en que vivimos e por tanto provén da nosa mesma práctica social e a convicción de que nos enriquecemos, crecemos e fortalecemos na diversidade e a confrontación construtiva das ideas."
Noraboa por esta iniciativa; estaremos atentas/os.
Onte tivemos contacontos no recreo. Foi moi especial porque era a primeira vez que Adan, Alexandra, Valeria, Antía García , Antía Tarrío e Xiana contaban un conto na BBS e tamén porque o conto, Pipopi, foi escrito e ilustrado por eles. Bravo! Encantounos a historia, as ilustracións e o ben que contastes o conto.
Hai canteira de escritores/as, ilustradores/as e contadores/as en 2º. Noraboa a tod@s! 😍
![]() |
Anunciando o conto na entrada |
![]() |
Moi ben! |
Hoxe tivemos a última sesión do programa Lectura e familias. Imposible rematar mellor, estivo con nós Paula Carballeira contándonos historias de aquí, que nos encantaron a tod@s, pequen@s e grandes. Contos para coller coas mans, meter na cabeza e levar no corazón. Contos para rir, cantar, aplaudir, ouvear, volver a rir ... contos para pasalo xenial.
Grazas, Paula!