| Na casa de Lois |
23 de febreiro de 2018
Radio Bulebule
Non perdades a oportunidade de escoitar a Paco Nogueiras mañá sábado en Rianxo.
Despois do moito que cantamos e bailamos co Brinca Vai! non agardamos menos do seu novo álbum, Radio Bulebule, que xa podedes escoitar na BBS.
20 de febreiro de 2018
Rosalía: un libro e unha flor
Onte repartimos polas clases o agasallo co que celebramos Día de Rosalía: un libro e unha flor. Adiantámonos un pouco, o 24 de febreiro é o sábado que vén, pero queremos que o noso agasallo serva para que nas clases se lea e se fale de Rosalía durante toda a semana. Cada grupo recibiu unha flor feita na impresora 3D, un libro sobre Rosalía e unha copia da nosa escolma poética.
![]() |
| Un libro e unha flor |
![]() |
| O axudantes da BBS repartindo agasallos |
![]() |
| En 3º a flor de Rosalía acompañando aos merlos de Faustino Rei Romero |
Flores 3D
A nosa impresora 3D empezou a funcionar e ninguén sabía que estaba a "cociñar" desta vez.
Pouco a pouco empezou a adiviñarse unha das formas e foise correndo a voz: Son flores!
Si, eran flores! Pero, para que?
Pouco a pouco empezou a adiviñarse unha das formas e foise correndo a voz: Son flores!
Si, eran flores! Pero, para que?
18 de febreiro de 2018
Rosalía: Abrimos a fiestra
Aquí tedes unha escolma da poesía de Rosalía para que tod@s abramos a fiestra e gocemos de Rosalía nas aulas e na casa.
17 de febreiro de 2018
Abride a fiestra
Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2018: Abride a fiestra
Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos
o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as
comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis
grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as
fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das
desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e
abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do
pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades,
a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das
mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o
que foi Rosalía de Castro.Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!
E na nosa man está abrir a fiestra.
Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos
une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos
ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre
está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por
descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí,
en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con
brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra
8 de febreiro de 2018
Viaxando no Entroido
A partes iguais
Esta semana tivemos un grupo de contadoras que tiñan moitísimas ganas de contarnos unha historia a partes iguais entre elas. Tanto é así que agardaron a estar todas recuperadas do andazo que atacou á súa clase nas últimas semanas e non quixeron nin falar de contar o conto faltando algunha delas. E por fin, na semana do Entroido no cole, Salma, Dália, Noa, Nerea, Rita e Lucía, con pencas e bigotes como mandou Toribio, contáronnos A partes iguais de Darabuc e Lina Zutauté. Esta historia fálanos da aventura de cinco personaxes que cooperando entre eles buscan un mundo mellor, máis xusto e no que todos/as teñamos os mesmos dereitos. Pagou a pena agardar polo conto, fermoso no texto e nas ilustracións e polas contadoras, que o fixeron de marabilla.![]() |
| Comezamos, a partes iguais |
![]() |
| Moi ben, contadoras! |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)