6 de febreiro de 2019

Formación de radio

Comezamos coa formación do proxecto Radio na Biblioteca e comezamos por aprender os profes, como ten que ser!




Para a formación, tanto do profesorado como do alumnado, contamos con Lucía Abarrategui e Sergio Pascual de Laboratorio de Radio. Laboratorio de radio é un proxecto que leva funcionando desde o 2013, levando a experiencia da radio a diferentes lugares e colectivos. No 2017 recibiron o Premio Jóvenes Emprendedores Sociales da Universidad Europea de Madrid. Gustounos deles que no seu traballo buscan a inclusión, a cooperación interxeracional, a educación en valores e o desenvolvemento de habilidades comunicativas.
Este martes os profes aproveitamos ao máximo a nosa sesión de traballo con eles, aprendemos un montón de cousas e pasámolo moi ben. Estamos desexando que empece a formación coa alumnado, vaivos gustar!





Argallando nos recreos

O Espazo Argalleiro comezou a funcionar tamén nos recreos, aínda que é nos obradoiros dos venres e nas sesións de biblioteca das titorías onde estamos a presentar os materiais dese espazo e onde temos máis tempo para usalos.







3 de febreiro de 2019

Cociñando na fin de semana

Aquí temos un par de "cociñeiras BBS", que aproveitaron a finde e o libro Chocolates da Colección Cociña Infantil e Familiar da Editorial Ouvirmos para seguir practicando e lambendo os bicos 😋
Grazas pola foto!
Pintaza! Bravo, cociñeiras!
Para a próxima queremos probar 😉

2 de febreiro de 2019

Creando en Stop Motion

Decorados listos, gravacións de son feitas; esta semana tocou sacar as fotos no obradoiro de Stop Motion.








Espazo Argalleiro

Mentres a nosa impresora 3D traballaba, probamos as novidades do Espazo Argalleiro da BBS, que xa vai collendo forma e cada día ten máis propostas de actividade.













Impresión 3D

Este venres no obradoiro de impresión 3D e espazo creativo lembramos como usar a impresora 3D. 

Botamos laca na cama

Colocamos o filamento

Comprobamos que o filamento chega ao extrusor
No panel de control seleccionamos cargar o filamento e agardamos a que estea quente para facelo. Na tarxeta seleccionamos o modelo que escollemos para esta "impresión express" e tras trinta minutos de espera...

Ooh!
Sacámolo coa rasqueta
Chaveiros emoji 3D
😍


Ler etiquetas

Ler etiquetas, saber o que comemos e poder decidir e escoller unha alimentación saudable. 






Galletas de leite condensado

Nova sesión do obradoiro de cociña, desta vez galletas de leite condensado, usando unha receita do libro Sobremesas da colección Cociña Infantil e Familiar da editorial Ouvirmos. Seguimos aprendendo e gozando da boa comida.






Piratas na BBS

A aula de 4º acaba de comezar un  novo proxecto, desta vez sobre piratas. Aquí os tedes traballando na biblio na procura de información, manexando fontes, aprendendo a CDU... Boa travesía, piratas! Xa nos contaredes.