Esta semana retomamos as gravacións na Radio BBS. Estamos preparando entre tod@s o noso primeiro programa do 2020, que tratará sobre Non Violencia e Paz. Teremos que agardar ao 30 de xaneiro, Día da Paz, para escoitar o programa.
23 de xaneiro de 2020
22 de xaneiro de 2020
3º grupo de axudantes
Novo grupo de axudantes traballando arreo na BBS: sorteando e revisando Mochilas Viaxeiras, axudando co contacontos, botando unha man aos pequen@s...
A vaca condesa
Volveron os contacontos do recreo! 🎉🎉
Que ganas tiñamos deles!
Nerea e Lara foron as primeiras contadoras deste curso. Comezamos con dúas contadoras fantásticas e un conto que nos presta moito, A vaca condesa de Juan Alfonso Belmontes e Evelyn Daviddi. Escolleron unha historia moi divertida que fala sobre a amistade e a importancia de todos os seres do noso medio natural, por pequenos que sexan.
Foi un moi bo comezo para os contacontos deste curso! 😃
![]() |
| Bravo! |
Asinado contratos
Os primeiros grupos de axudantes, despois colaborar na biblio durante unha semana asinaron os seus contratos.Leron con calma, revisaron e asinaron.😍
15 de xaneiro de 2020
2º grupo de axudantes
Esta semana "entrou en acción" o segundo grupo de axudantes e ben se ve que veñen con ganas. Aquí os tedes:
10 de xaneiro de 2020
Mochilas Viaxeiras no 2020
Co novo ano pasamos a ter oito Mochilas viaxando! Deste xeito garantimos que chegarán a todas as casas, incluso en 5º e 6º, que son as clases máis numerosas. Boas lecturas para tod@s e moito mar!
Cadernos de Viaxe 3
Os Cadernos de Viaxe chegaron de volta despois do Nadal e trouxeron moito mar, debuxos, opinións e recomendacións. Desta vez ata nos chegaron imaxes do mar en Rusia, que enviou o pai de Jose Ángel e Lucía que está alá nun petroleiro. Grazas! 😍
Moitas grazas a Álex, Jose Ángel, Carla, Diego, Hugo e Xiana e ás vosas familias.
![]() |
| Amencer en Rusia desde un petroleiro |
![]() |
| Praia do Porrón. Brión (Rianxo) |
![]() |
| Esteiro (Boiro) |
![]() |
| Esteiro (Boiro) |
8 de xaneiro de 2020
De volta!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































