O 30 de xaneiro xuntámonos todo o colexio na biblioteca para celebrar o Día da Non Violencia e da Paz. Escoitamos xunt@s o programa de radio e a aula de 5º agasallounos co tema Unha tarde vindo do muíño, que fala de conflitos e inxustizas cotiáns que non queremos vivir na nosa escola nin nas nosas aldeas. Rematamos o acto no noso Xardín da Memoria colocando novas plantas, unha por curso, que representan o noso compromiso coa Paz, a tolerancia e o respecto aos Dereitos Humanos.
2 de febreiro de 2020
30 de xaneiro de 2020
30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz
Estamos de volta! Radio BBS emitindo!
Aquí tedes o primeiro programa do 2020, un monográfico sobre a Paz e a Non Violencia, con participación de todo o colexio, que emitiremos hoxe, 30 de xaneiro, na Hora de Ler.
Para elaborar este programa traballamos con poemas de diferentes autores que falan sobre a paz, a guerra, os conflitos e a esperanza nun mundo mellor. Esta é a nosa contribución e o noso compromiso para construír a Paz cada día, desde o cotián e o máis próximo.
Premede no enlace para escoitalo.
Programa Radio BBS: Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Poemas para construír a Paz
Esta é a escolma de poemas coa que traballamos para preparar o programa de radio sobre o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
29 de xaneiro de 2020
Compartindo lecturas
Esta semana comezamos coas lecturas compartidas dos Axudantes da BBS co alumnado de 1º, 2º e 3º na Hora de Ler. Como estamos na semana na que se celebra o Día Escolar da Non Violencia e da Paz seleccionamos lecturas que falaran de paz, de conflitos e de valores e dereitos humanos.
Lara e Nerea escolleron A Bruxa Discordia para compartir con 1º, Carolina e Carmen leron A urna dos desexos en 2º e Claudia, Ainara e Helena compartiron a historia La bibliotecaria de Basora en 3º. Lecturas compartidas para medrar nun mundo mellor. Parabéns a todas!
![]() |
| En 3º |
![]() |
| En 2º |
![]() |
| En 1º |
4º grupo de axudantes
Maxia
Esta semana Minia e Rita trouxeron maxia á BBS. Contáronnos Maxia! de Charo Pita e Madalena Matoso, unha fermosa historia que fala dun bebé que chora de fame, dun neno que busca solucións e unha nai que fai maxia, de verdade.
A Charo Pita, que é unha fantástica contadora, seguro que lle tería encantado escoitar o ben que Minia e Rita contaron a súa historia.
Moi ben, contadoras! ![]() |
| Anunciando o conto |
![]() |
| Bravo! |
26 de xaneiro de 2020
Comezaron os obradoiros!
O venres comezaron os obradoiros: Prensa e Fotografía, Contaminación Mariña, Radio e Televisión, Reciclaxe e Teatro. Cinco espazos aprender creando e para continuar desenvolvendo o noso proxecto deste curso: Rumbo a un mar de letras. Volvemos a organizarnos en grupos de 1º a 6º que irán pasando por todos os obradoiros. Iremos compartindo a nosas producións. 😀
Cadernos de Viaxe 4
Aquí tedes unha mostra dos Cadernos de Viaxe da cuarta viaxe das Mochilas. Estamos encantad@s coas vosas achegas sobre o mar e sobre o contido das Mochilas.
Grazas a Leo, Breogán, Breixo, Rubén, Claudia, Diego Ferreira, Almudena, Álex e ás vosas familias.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































































