7 de marzo de 2018

Mochilas en marzo

Sorteamos as mochilas de marzo que agora xa son dúas tamén en 3º.


 Recén chegadas das casas, revisadas e postas de novo en circulación. Aquí as tedes nas casas de Clara e Héctor.
       
Clara

Héctor
      E aquí están os afortunad@s que as levaron hoxe, menos Carlota de 5º, que non chegou para a foto, pero si levou a Mochila.

                                                                       

27 de febreiro de 2018

As manoplas de Carapuchiña

O conto de hoxe veunos que nin pintado para a mañá de frío que pasamos  e para as que están a vir no resto da semana. Clara, Ainara e Carmen faláronnos de manoplas, de neve, de frío e chocolate quente... Imposible atinar máis!
As manoplas de Carapuchiña de Inés Almagro e Mikel Mardones é unha versión sorprendente do conto popular, cunhas ilustracións moi fermosas e un final que nos fai sorrir. Boa escolla e mellores contadoras!





Moi ben!

25 de febreiro de 2018

Na Casa Museo de Rosalía

Dentro da programación de actividades para conmemorar o 24 de febreiro, organizamos unha visita á  Casa Museo de Rosalía, na Matanza en Padrón, na que participou o alumnado de 2º a 6º. Dividímonos en tres quendas e visitamos o Museo e o Xardín Botánico Artístico de Padrón. Había tempo que non iamos á Casa de Rosalía co colexio e foi moi agradable ver os cambios e a modernización do Museo, que é hoxe máis atractivo, especialmente para o alumnado de Primaria, sen que se perdera a esencia e a relevancia da casa. É unha visita imprescindible por todo o que podemos descubrir e aprender sobre a nosa lingua, a nosa literatura, a nosa cultura, a nosa natureza... Acompañounos o tempo e puidemos pasear devagar pola horta e descubrir o seu enorme valor natural e histórico, demorar na visita á casa e tamén facer un xogo no Xardín Botánico para descubrir unha parte da súa enorme riqueza natural. Foi unha mañá de aulas abertas, chea de aprendizaxes e experiencias que lembraremos e que sen dúbida repetiremos.

2º recitando a Rosalía
3º recitando a Rosalía


 
No Xardín Botánico Artístico.



Castelao no Xardín Botánico
 
 

23 de febreiro de 2018

Sopa verde

Esta semana tivemos que cambiar o conto para o xoves. Helena e Carla escolleron  Sopa verde de Ángela Madeira e Till Charlier. Como nos gusta ese coello que só come verde e eses amigos que lle fan un engano saboroso e divertido!
Casualidade que o xoves tiveramos sopa verde e o venres caldo? Ou é que estas dúas expertas contadoras teñen poderes e adiviñan o que vai pasar na BBS? Quen sabe! 😉







Saborosa historia, contadoras!


Veñen e van

As Mochilas continúan viaxe, non teñen parada :-)


Na casa de Lois

Radio Bulebule

Non perdades a oportunidade de escoitar a Paco Nogueiras mañá sábado en Rianxo. Despois do moito que cantamos e bailamos co Brinca Vai! non agardamos menos do seu novo álbum, Radio Bulebule, que xa podedes escoitar na BBS.


Homenaxe a Rosalía en Rianxo


Contando con Rosalía