28 de setembro de 2019

Non ao cambio climático!

No Brea Segade tamén fixemos unha concentración e un minuto de silencio para protestar polo cambio climático e pedir medidas que axuden a loitar contra o quentamento do planeta.








Na entrada do centro quedaron expostos os nosos carteis e pancartas para lembrar que non é cousa dun día, que o noso compromiso co medioambiente continúa e estará presente en todo canto fagamos.











14 de setembro de 2019

A Hora de Ler no Brea Segade

Hora de Ler: comezamos!

O xoves comezamos coa Hora de Ler á volta do recreo. Antes, cada curso baixou á entrada da biblioteca a recoller unha caixa de lecturas para as bibliotecas de aula. 

Boas lecturas para tod@s neste curso que comeza!












Voltamos!

Comezamos o curso 2019-2020!
De momento a BBS non abriu pero detrás das súas portas hai moito movemento, moitas novidades e moitas ganas de compartilas con todos vós. Estamos en obras, haberá que agardar un pouquiño pero xa comezaron a pasar cousas relacionadas coa lectura e co que será o noso proxecto deste curso.
O primeiro día de curso xa demos algunha pista de cal será o tema que traballaremos. Mirade ben as fotos e seguro que o adiviñades.














18 de agosto de 2019

Creactivity

Se tedes ocasión achegádevos pola Praza de Castelao en Rianxo mañá luns 19 e o martes 20 e participade no obradoiro Creactivity. Iso de pensar coas mans ten boa pinta, xa nos contaredes que tal :-)

23 de xullo de 2019

Feira do Libro en Rianxo

Como cada verán, chega a Feira do Libro a Rianxo, catro días para visitar as casetas en busca de lecturas e asistir á presentación de novidades, encontros con escritores/as e ilustradores/as e eespectáculos teatrais e musicais. Máis que palabras!