24 de decembro de 2019

22 de decembro de 2019

Recreos na BBS

Na última semana do trimestre comezamos a retomar actividade na nosa biblioteca. Nestes cinco días fomos descubrindo novidades, retomando vellos costumes e sobre todo volvendo encher de vida este espazo que estamos a transformar. Aquí vai unha mostra do ambientazo que tivemos na BBS nos recreos. E o que aínda está por vir!






Mochilas no Nadal

O xoves saíron as Mochilas Viaxeiras para pasar o Nadal nas casas de seis compañeiros e compañeiras. Estarán ao abrigo da chuvia e o vento nestes primeiros días do inverno. Boas lecturas e Bo Nadal!

Cadernos de Viaxe 2

Volveron os Cadernos de Viaxe da súa segunda estancia nas vosas casas! Viñeron cargadiños de ideas, opinións, debuxos e fotos; encántannos! Traen recomendacións de praias en Taragoña, propostas para facer no mar e na praia, preocupacións sobre o mar e o noso planeta...
Grazas a Elsa, Alberte, Irene, Lola, Nerea, Iker e ás vosas familias. Que Cadernos de Viaxe máis chulos estamos facendo entre tod@s!








Esta é a praia de Semuíños en Ourolo, unha das favoritas de Alberte e a súa familia; normal! Mirade que sitio tan bonito, aí, de ladiño das nosas casas. Que afortunados/as somos!



15 de decembro de 2019

Expedición mariña cos Quinquilláns

E cando xa pensabamos que o espectáculo rematara, os Quinquilláns proxuxéronnos unha expedición aos fondos mariños, e alá marchamos tod@s, claro. Algúns ata levaron lentes de mergullador/a. E ao chegar ao mar... Que sorpresa levamos!

Marchamos!
Expedición a ritmo de pandeireta e acordeón!
Cabaliños!
Unha raia!

Unha maragota!




 Grazas Tino, Lorena, Emilio e Alba! 
Tremendos animais mariños sodes!!!
Grazas, Alma e José Luis por poñer música á expedición!

Grazas Quinquilláns, Lucho e Tero, por unha mañá máxica!😘😘