12 de novembro de 2023
En conversa con Juan Durán
11 de novembro de 2023
Mochilas Viaxeiras 2
As Mochilas Viaxeiras viñeron de volta da súa primeira viaxe e, coa colaboración imprescindible dos axudantes de biblioteca, xa saíron de novo e xa están na segunda parada. Desfrutade moito delas nestes días chuviosos de outono que convidan a buscar acubillo nun bo libro.
Superheroínas e superheroes: Manual de instrucións
![]() |
| Bravo! |
4 de novembro de 2023
Creando logotipos
Comezamos a traballar nas clases creando deseños para o proxecto da biblioteca deste curso. Nalgunha curso xa remataron e ata escolleron os tres logotipos que participarán nas votacións xerais. Vai estar complicado escoller, estades facendo deseños ben bonitos. 😍
3 de novembro de 2023
O piollo e a pulga
Este xoves, na Hora de Ler, xuntámonos todo o colexio na biblioteca para ver a representación do romance O piollo e a pulga que interpretaron nenos e nenas de 3º, José Luis e Alma. Como nos gustou! Que ben tocaron, cantaron, bailaron e representaron cos títeres!
Con este romance fixemos o lanzamento do PDI deste curso "Sempre dando a nota". Imos traballar sobre música e danza e antes que nada, xa que temos un lema, propuxémosvos deseñar un logo. Marchamos para as clases co encargo de crear deseños, que acabaremos convertendo en chapas. Poñede en marcha a vosa creatividade! temos de prazo ata o venres 10.
![]() |
| Bravo! |
1 de novembro de 2023
Indo para o Samaín
Traballaron sobre o texto teatral, prepararon os papeis, ensaiaron, elaboraron accesorios para se caracterizar e na semana do Samaín, compartiron o seu traballo na biblio.
Moi bo traballo rapaces e rapazas de 5º! Grazas por compartilo con nós!
![]() |
| Bravo! |
29 de outubro de 2023
26 de outubro de 2023
Samaín na Radio BBS
No cole xa se "respira" Samaín e a Radio BBS non podía ser menos. Hoxe os axudantes da BBS emitiron un especial bandas sonoras de series e pelis de medio, defuntos... Samaín.

































