24 de outubro de 2017

Día da biblioteca. O libro máxico

Hoxe é o Día da Biblioteca, unha data para celebrar que ao longo de todo o ano podemos achegarnos ás bibliotecas para contaxiarnos da maxia dos libros, para viaxar coa imaxinación, para compartir experiencias e aprendizaxes, para entrar en contacto coa cultura e o coñecemento e tamén para crear cultura e coñecemento.
E xa que estamos de celebración, queremos compartir con vós este vídeo elaborado polo CEIP Plurilingüe Anxo da Guarda de A Coruña sobre un tema dos Migallas. Para o karaoke usan pictogramas propiedade do CATEDU, baixo licenza Creative Commons, que foron creados por Sergio Palao. 

Feliz Día da Biblioteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario