Carla e Helena foron as contadoras desta semana. Escolleron Contín Contón de Antón Cortizas e Leandro Lamas, que narra a historia dun animal que non sabe quen é. Vai
preguntando polo bosque a outros animais, e aínda que todos poderían
contestarlle e sacalo de dúbidas non o fan, porque se o fixeran
remataría o conto. Na BBS o conto rematou, e rematou moi ben, coma sempre que Helena e Carla nos contan unha historia. Se non viñestes e queredes saber quen lle conta que animal é, vide buscar o conto á biblioteca.
Moi ben, contadoras! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario