25 de novembro de 2017

Tío Lobo

Esta semana no colexio houbo tantas actividades nos recreos que tivemos que cambiar o día do conto. Marta, María, Uxía Lojo e Uxía Lorenzo tiveron que armarse de paciencia e agardar ata venres para contarnos Tío Lobo, unha adapatación de Xosé Ballesteros, dun conto tradicional italiano. 
Pagou a pena agardar porque a historia de Carmela e o lobo é ben diferente de todas as demais historias de lobos; é  moi divertida, ben acaída para este tempo de chulas e larpeiradas con cabazas e castañas e ten un final sorprendente.  Ademais dá gusto escoitar a estas catro contadoras, que nos tiveron enganchad@s ata o final.

Moi ben!








Ningún comentario:

Publicar un comentario