7 de decembro de 2017

María Ramo de Palma e o Galo Pinto

O martes pola tarde tivemos visita na Biblioteca Brea Segade. Chegou, con todo o seu poderío, "María Ramo de Palma" a contarnos a verdadeira historia da voda do Galo Pinto.
A voda do Galo Pinto de Juan Alfonso Belmontes e Natalei Pudalov é un conto que fala de amores, dos de verdade e dos que non o son. O libro, tanto no texto como nas ilustracións, é unha marabilla, pero nós ademais, tivemos a sorte de que nolo contaran dramatizándoo e acompañando as imaxes dunha música fermosísima e moi ben acaída. Imposible pedir máis! 
María Ramo de Palma tívonos a tod@s pendentes da historia desde que entrou na biblio ata que pechou o libro. Grandes e pequen@s entenderon perfectamente e tomaron boa conta da mensaxe do conto; e que nos dure!
Moitas grazas, Merchi Rodríguez Pimentel, por María Ramo de Palma e pola Voda do Galo Pinto
Graciñas por facernos pensar cun sorriso! 
Graciñas polas sorpresas que coas que sempre agasallas á BBS!


Con 1º, 2º e 3º



Pasmad@s :-)

Con 4º,5º e 6º



Nin un chío :-)

1 comentario: