3 de decembro de 2017

O castelo da Lúa

Esta semana todo o cole achegámonos a ver os traballos que se están a facer no Castelo da Lúa, no lugar do Pazo, en Rianxo. Foi unha oportunidade única para ver como é o traballo dun equipo multidisciplinar formado por arqueólogos, restauradores, conservadores e arquitectos e que é o que se pretende facer con esta intervención nas ruínas do castelo. Tivemos a sorte de que Mario César Vila,  arqueólogo, técnico en Patrimonio Cultural e director do proxecto, guiara a visita e nos explicara con detalle que estabamos a ver. Para traballar nas aulas e para afondar máis na vista contamos tamén coa información recollida na páxina de turismo do concello: O mar feito tradición, que enlazamos a continuación. 
Coñecer, comprender e valorar o noso, para coñecer, comprender e respectar o mundo, que afortunad@s somos poder de traballar así no noso concello e no noso centro. 
Queremos dar as grazas ao Servizo de Turismo do Concello que organizou as visitas e moi especialmente a Mario, pola paciencia e o saber compartido con nós, un luxo! Grazas!




http://omarfeitotradicion.gal/castelodalua

Ningún comentario:

Publicar un comentario