Este sábado presentouse na B.P.M. Castelao de Rianxo un libro que para a Biblioteca Brea Segade ten un valor especial.
O legado sonoro de Jacinta Landa Vaz. Galiza, Portugal e Extremadura publicado pola Central Folque na colección Chave Mestra, achéganos unha figura absolutamente descoñedida, unha mestra republicana, exiliada en México e depositaria dun rico repertorio de cantigas, ditos e memorias, procedentes das tres culturas nas que viviu e medrou. Jacinta Landa Vaz gravou ese legado para os seus netos pero grazas á investigación que levou á publicación deste libro, hoxe tod@s podemos gozar dese riquísimo legado.
Recuperar e poñer en valor a figura de Jacinta xa fai que o libro sexa especial, pero se a iso sumamos que o noso alumnado tivo e ten a sorte de poder coñecer de primeira man parte do legado recollido no libro e que os autores sexan José Luís do Pico Orjais, Domingos Morais e Pilar Barrios Manzano, é doado entender o valor que para a BBS ten esta obra.
Onte asistimos a unha presentación emocionante e sentímonos orgullosas e afortunadas de compartir vida e proxectos coas persoas que, co seu saber a súa arte, encheron o acto de sentido e calor e moi especialmente co músico, mestre e humanista do CEP Brea Segade.
Parabéns, compañeiro, por este traballo e pola fermosa presentación de onte.

Ningún comentario:
Publicar un comentario