O martes e mércores pola tarde tivemos a sorte de recibir na nosa biblio a visita de Uxía Cespón, traballadora do concello de Rianxo, que nos falou sobre Mozambique. Uxía participou no mes de setembro no programa, Vacacións con Traballo, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e así puido coñecer de cerca a realidade de Mozambique e colaborar en programas de igualdade de oportunidades para nenas e mulleres nese país. Uxía falounos da súa experiencia, trouxonos mostras de xoguetes, instrumentos e capulanas, teas mozambicanas, contounos como viven alí os nenos e nenas, como é a paisaxe, o clima, que animais hai... Respostou un montón de preguntas, porque claro, a curiosidade era grande e o que ela nos contaba era moi interesante.
Un luxo poder contar con Uxía e descubrir tantas cousas sobre Mozambique e que hai persoas moi próximas a nós que escollen a solidariedade para as súas vacacións.
Grazas, Uxía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario