O 21 de marzo conmemórase o Día da Poesía e o Día dos Bosques, unha coincidencia moi acaída. Este ano as dúas celebracións no noso centro xiraron en torno a dous convites que nos fixo chegar o Concello de Rianxo. O primeiro deles, para o mércores 21, consistiu na participación na repoboación da contorna do río Té, na zona do polígono industrial, con árbores autóctonas. Todo o alumnado do Brea Segade, xunto con alumnas e alumnos do CEIP A.D.R. Castelao e do CEIP Ana Mª Diéguez achegámosnos a Té e pasamos a mañá plantando freixos, carballos e castiñeiros para recuperar entre tod@s o bosque de ribeira que os eucaliptos e acacias fixeran desaparecer. Previamente traballamos nas aulas sobre as nosas fragas e a súa riqueza e sobre a importancia de recuperar os nosos bosques.
5º na plantación |
Ningún comentario:
Publicar un comentario