15 de marzo de 2018

Plantación en Filgueiras

O Movemento Veciñal Fousas ao Monte leva desde outubro traballando en Filgueiras, nuns terreos que para o noso colexio teñen un valor moi especial, porque neles,  xa hai máis de vinte anos, os nenos, nenas e profesorado do Brea Segade fixeron unha plantación de árbores autóctonas. Co paso do anos as acacias e eucaliptos coméronlle o espazo ás arbores plantadas por aqueles nen@s e fixéronnas case desaparecer. Pero alí están, grandes e fortes!  Despois de varias xornadas de traballo,  Figueiras empezou a ter outro aspecto, como ten que ser! 
Este sábado Fousas ao Monte convócanos a unha plantación para que entre tod@s recuperemos e conservemos os nosos montes. 

Agardámosvos en Filgueiras este sábado, 17 de marzo, ás 10 da mañá! 💪


Ningún comentario:

Publicar un comentario