Este venres atopámonos na biblioteca con tres libros enormes, cheos de maxia e de sorpresas, que nos deixaron coa boca aberta e nos fixeron sorrir e tamén rir. Un caracol que non lembraba o seu nome, dúas caras moi faladoras e un barco pirata cunha tripulación moi divertida foron saíndo deses libros, da man dunha titiriteira. Celtia Figueiras visitou a nosa bibliblioteca co seu espectáculo Os libros da titiriteira. Encantounos!
Este venres tivemos unha boa mostra de que os espectáculos de títeres de calidade e as boas historias son para todos os públicos, grandes e pequen@s.
Con 4º, 5º e 6º |
Con 1º, 2º e 3º |
Grazas ao Consorcio Editorial e moi especialmente a Narciso, por este agasallo no mes dos libros.
Grazas, Celtia, polos libros e pola titiriteira!
Agardamos verte de novo pola nosa biblioteca.
Molou moito. Uxía
ResponderEliminarGrazas a vós!!!! Xa estou desexando volver con novos contos e sorpresas
ResponderEliminarBicos e apertas
Volve pronto, gustounos moito.Grazas polos contos de parte de todos/as. 2º de Primaria
Eliminar