Hoxe abre o Salón do Libro de Pontevedra. Este ano, como xa comentaramos nunha entrada anterior, o lema é: Mulleres de conto. Fermoso lema, que de seguro ha dar moito xogo.
O Salón do Libro de Pontevedra é unha cita obrigada, un referente para todos os que amamos a lectura, os libros e moi especialmente a literatura infantil. Temos ante nós 15 días para participar en todo tipo de actividades de animación á lectura e dinamización cultural, deleitarnos coa ambientación do Salón, visitar a exposición dos traballos dos centros escolares e descubrir ao país convidado deste ano, Mexico. Se isto fora pouco, para nós o Salón do Libro é especial porque, un ano máis, e xa van catro, quixemos implicarnos a tope, formar parte del e participar como centro convidado cunha maqueta e catro libros elaborados polo noso alumnado.
O noso colexio vistará o Salón o vindeiro martes 10 de abril, que ganas!
Convidámosvos a tod@s a facer unha escapada a Pontevedra nos vindeiros 15 días e descubrir o que o Salón preparou para nos sorprender. Estamos seguros de que pagará a pena.
Aquí tedes o programa para escoller ben cando vos achegar. E o enlace á páxina do Salón do Libro, que actualizaron este ano e ten moita información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario