Este luns asistimos a un espectáculo de contacontos baseado na figura de Mª Victoria Moreno, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. A sesión estivo a cargo da actriz, contadora e escritora Soledad Felloza, quen fixo, por medio dos contos, un percorrido por parte da obra da escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2018.
Foi un luxo poder seguir descubrindo o mundo literario de María Victoria Moreno da man dunha narradora da calidade de Soledad Felloza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario