Na primeira semana de maio a biblioteca encheuse de contos en familia. O xoves estiveron Tahira e a súa avoa Inés. Trouxéronnos a historia dun cadeliño que facía das súas na praia, Pizco en la playa, de Lorena Marín. Foi un gusto escoitar ás dúas, man a man, contar as divertidas aventuras de Pizco no seu primeiro día de praia. Era tamén a súa primeira experiencia como contadoras e fixéronno de marabilla. Agardamos que lle colleran o gusto e repitan 😀
Grazas, Inés e Tahira! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario