O mércores 20, cando xa pensabamos que os contacontos non volverían ata o curso que vén, tivemos na BBS unhas contadoras moi especiais, que argallaron un conto para nós aproveitando que o seu curso e os seus exames xa remataran. Aida Barros, antiga alumnado Brea Segade, e as súas amigas Sandra e Xiana convertéronse en trasnos e contáronnos unha lenda sobre o Castro Barbudo, adaptada e ambientada tamén na Biblioteca Brea Segade.
Como nos gusta que os antigos/as alumnos/as volvan e continúen participando da vida do seu colexio!
Foi un gustazo enorme ter con nós a estas tres "trasnas" versionando unha lenda de tradición oral.
Grazas Aída, Sandra e Xiana!
Xa sabedes onde estamos, volvede cando queirades.
Un bico moi especial para Aida 😉
O cartel anunciador |
Mil grazas! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario