20 de outubro de 2018

Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela

Este ano temos a sorte de poder celebrar o Día da Biblioteca  co grupo de teatro Pereira de Lobos e a Berenguela de Manuel María. 
Pereira de Lobos é un grupo de teatro afeccionado formado por mestras e mestres do CEIP Plurilingue Rosalía de Castro de Carril, dirixido pola rianxeira Merchi Rodríguez Pimentel, membro do Teatro Airiños. Xa estiveron no Brea Segade co "Restaurante Farruco" e forman parte do grupo de amig@s e "complices" da Biblioteca Brea Segade. Todo un luxo! 
Nesta ocasión tráennos un clásico imprescindible do teatro infantil galego, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada  Berenguela escrito por Manuel María en 1979.
Vinde celebrar o Día da Biblioteca con nós!  Agardámosvos o vindeiro mércores ás 4 e media da tarde.

1 comentario:

  1. Moitas grazas a Pereira de Lobos por agasallarnos con esta marabillosa peza de Manuel María. Viva o profesorado do ensino público!

    ResponderEliminar