Este curso renovamos a nosa participación no programa "Escornabots na biblioteca escolar", que pasa a chamarse no 2018-2019 "Biblioteca creativa". Grazas a este programa incorporamos á BBS os escornabots, a impresora 3D e a filosofía de espazo creativo nas bibliotecas. Este venres celebrouse unha xornada de formación na que participou un membro do equipo de biblioteca e na que cargamos as baterías para continuar avanzando e transformando a a BBS nunha Biblioteca Creativa. Estades avisad@s, temos enerxías renovadas! 😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario