Comezamos coas primeiras sesións de formación de usuarios e usuarias deste curso, clase a clase,
acompañad@s das titoras e de membros do equipo da biblioteca.
Normas,
fondos, Clasificación Decimal Universal CDU, préstamos, proxecto de
traballo deste curso... Cada grupo centrouse en diferentes aspectos,
pero todos comezaron, como debe ser, cun conto. Este ano escollemos Sopa verde de Angela Madeira e Till Charlier, que parece que foi escrito para o noso proxecto deste curso: alimentación, ecoloxía e consumo responsable.
Aquí tedes as primeiras imaxes da nosa volta á biblio. Que ganas tiñamos de estar de volta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario