Presentamos a última das creacións do obradoiro de Stop Motion do 1º trimestre deste curso. Os dous últimos grupos colaboraron na elaboración dunha montaxe en Stop Motion para cada un dos dez Dereitos dos nenos e das nenas. Trátase dunha interpretación da Declaración dos Dereitos da Infancia na que participaron corenta e oito nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria, traballando en pequenos grupos. Veredes que marabilla!
29 de decembro de 2018
26 de decembro de 2018
Nadal ao noso xeito
Compartimos a programación de Nadal do Concello de Rianxo: Nadal ao noso xeito
Haberá actividades na vila e nas parroquias: Paco Nogueira, Anxo Moure e Servando, o Apalpador... Botádelle unha ollada e participade.
Haberá actividades na vila e nas parroquias: Paco Nogueira, Anxo Moure e Servando, o Apalpador... Botádelle unha ollada e participade.
25 de decembro de 2018
Bo Nadal!
Desexámosvos boas festas tal e como o fixemos o venres no colexio, pedindo licenza e cantando:
Bo Nadal!
23 de decembro de 2018
As prosas do Nadal no Brea Segade
Este foi o terceiro curso que cantamos as prosas de Nadal, recollidas no noso concello e preparadas nas aulas de Música. O tempo desta vez non nos acompañou e tivemos que quedar no colexio en vez ir cantar polas parroquias. Aínda que fora a cuberto, sempre é emocionante dar vida á nosa tradición nas voces dos nenos e nenas do colexio e facelo acompañados de familias e veciños/as.
![]() |
Sexto |
![]() |
Cuarto |
![]() |
Equipazo de cociña!! 😍 Graciñas! |
Diplomas 3D
Esta semana, na que rematamos os obradoiros, a BBS entregou a alumnado e profesorado os diplomas que acreditan que a participación foi extraordinaria en creatividade, compañeirismo, implicación... Parabén a tod@s!
Os diplomas levan imaxes e un logo de cociñeiros/as en 3D, deseñado e impreso na biblioteca; produción masiva da nosa impresora 3D 😍
![]() |
Primeiro |
![]() |
Sexto |
![]() |
Segundo |
![]() |
Quinto |
![]() |
Terceiro |
![]() |
Cuarto |
Mochilas Viaxeiras no Nadal
As Mochilas non paran no Nadal, recén chegadiñas das vosas casas foron revisadas polo equipo de axudantes, sorteadas e de volta a viaxar. Boas lecturas de Nadal!
Libriño con Manuel Antonio
20 de decembro de 2018
Tempo de acivros, tempo de libros 2018
Xa temos o tríptico de recomendacións de lecturas deste Nadal, elaborado polas bibliotecas do CEIP Ana María Dieguez de Asados, o CEIP A.D.R. Castelao de Rianxo, o CRA de Rianxo, o CEP Xosé Mª Brea Segade e a B.P.M. Castelao de Rianxo. Un ano máis Tempo de acivros, tempo de libros é unha proposta conxunta que aposta pola lectura e a música en galego como agasallo neste tempo de Nadal. Nas nosas bibliotecas atoparedes tamén, en función das idades dos noso usuari@s, a escolma de libros que vos propoñemos, para que leamos e agasallemos cultura no Nadal, pero tamén leamos e vaiamos ás bibliotecas ao longo de todo o ano.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Xornal BBS 16
Recén saídiño do prelo e xa nas vosas casas, aquí tedes o número 16 do Xornal BBS, cheo de novas da nosa contorna. Noraboa, rapaces e rapazas! Estades feitos uns xornalistas!
Powered by
Issuu
Publish for Free
19 de decembro de 2018
Veu o Apalpador!
Hoxe no recreo visitounos o Apalpador! Era un xigantón acompañado duns gaiteiros, que veu recoller as cartas para o Apalpador, de verdade, que aínda está polo Courel. Ao longo desta semana estamos traballando cunhas unidades didácticas sobre o Apalpador, que mandaron do Concello de Rianxo e a Mesa pola Normalización Lingüística, e escribimos as cartas para entregarllas hoxe.
Visitade a súa páxina, ten moito material para xogar, escoitar, colorear e aprender sobre o Apalpador e o Courel: Apapaldor
Máis lecturas compartidas
18 de decembro de 2018
Obradoiros
Hoxe rematamos os obradoiros do 1º trimestre. Catro grupos, con alumnado de 1º a 6º, rotando cada dúas semanas polos obradoiros de Cociña e Nutrición, Radio, Supermercado e Stop Motion. Foi a nosa primeira experiencia con este sistema de traballo e as nosas valoracións son moi boas: temos aprendido moito, compartido experiencias, coñecido a compañeiros/as doutros cursos... Tamén recollemos algúns erros e críticas, para continuar avanzando 😃
![]() |
Cociñando galletas |
![]() |
De comparas no supermercado |
![]() |
Creando historias con Stop Motion |
![]() |
Stop Motion grupo 4 |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)