Hoxe no recreo visitounos o Apalpador! Era un xigantón acompañado duns gaiteiros, que veu recoller as cartas para o Apalpador, de verdade, que aínda está polo Courel. Ao longo desta semana estamos traballando cunhas unidades didácticas sobre o Apalpador, que mandaron do Concello de Rianxo e a Mesa pola Normalización Lingüística, e escribimos as cartas para entregarllas hoxe.
Visitade a súa páxina, ten moito material para xogar, escoitar, colorear e aprender sobre o Apalpador e o Courel: Apapaldor
Ningún comentario:
Publicar un comentario