Cunha caixa e boa inventiva basta para pasalo ben cun escornabot. Iso foi o que nos demostrou Carlos nun recreo. Levaba un tempo pasando do taboleiro de xogo, fedellando coa caixa e conseguindo que o escornabot tivera un garaxe!
E despois púxoo a bailar coa música das montaxes de Stop Motion que estabamos a proxectar na biblio. Un crack este Carlos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario