12 de decembro de 2018

Mago Rosa

Hoxe a BBS encheuse de maxia e de humor.
OEMOC! é a palabra máxica coa que Mago Rosa consegue todo o que quere. Nerea e Noa fixéronnos sorrir con esta historia de Txabi Arnal e Rashin Kheiriyeh, protagonizada por un mago moi inxenioso e moooi codicioso.

Se vedes pola biblioteca o libro de Mago Rosa, o mellor que podedes facer é dicir:
OEMOC!

e ler o conto de principio a fin, como fixeron hoxe para nós Noa e Nerea. 

Graciñas, contadoras, gustounos moitísimo!





Bravo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario