11 de decembro de 2018

Radio na biblio

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26586
O noso cole foi un dos centros seleccionados para participar no programa Radio na Biblio!
Este programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares comezou o curso pasado en 20 bibliotecas escolares e amplíase este curso a 30 máis. Coñecemos as experiencias dos centros que iniciaron o programa e son espectaculares. Estamos desexando poñernos en acción, máis aínda agora que, grazas ao obradoiro de radio que estamos a desenvolver este curso, sabemos do enorme potencial da radio na escola. 
Irémosvos contando. 😃

Ningún comentario:

Publicar un comentario