9 de febreiro de 2019

Con Emilio Saborido

Esta semana celebramos no noso colexio o Día da Paz. Tivemos que agardar polo tempo seco, porque a nosa celebración consistiu nunha plantación na baixada de Campo Maneiro cara a Corques, xusto por riba de Filgueiras. 
No cole pensamos que plantar todo@s xuntos árbores autóctonas é unha das mellor maneiras de poñer de manifesto o noso compromiso coa Paz e coa Terra e que para garantir o noso futuro precisamos da non violencia e de intervencións a favor do medio ambiente e do desenvolvemento sostible.
Comezamos a mañá cunhas charlas impartidas por Emilio Saborido, presidente da nosa ANPA, presidente da Comunidade de Montes de Taragoña, membro fundador e moi activo do Colectivo Veciñal Fousas ao Monte, pai de Emilio de 1º e antigo alumno do Brea Segade. Con todos estes méritos, tal e como xa sabiamos, as charlas foron unha pasada, moi interesantes e moi dinámicas. Emilio axudounos a entender porque repoboar con árbores autóctonas é tan importante, cales son as consecuencias do monocultivo e invasión dos eucaliptos e acacias para o noso país, que especies plantar, como plantar... Fomos pasando pola biblioteca en pequenos grupos, para ver e escoitar de cerca e para poder preguntar. Ao rematar estabamos list@s para ir á plantación 💪😀





 Grazas, Emilio, por compartir o teu tempo e o teu saber con nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario