12 de febreiro de 2019

Visitamos un supermercado

O equipo de actividades extraescolares organizou a participación do cole no programa Alimentes da cadea de supermercados Gadis. O programa consiste nunha visita didáctica a un supermercado e a preparación da visita por medio duns materiais centrados na alimentación, a dieta saudable e o consumo responsable. Enmarcamos a actividade no desenvolvemento do PDI deste curso. Hoxe o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º visitou un supermercado na Pobra do Caramiñal.







3º e 4º
1º e 2º

Ningún comentario:

Publicar un comentario